Actualidade

Volta dos nenos á rúa: perigoso ou preciso?

Xa é oficial, os menores de 14 anos  poderán saír á rúa dende hoxe mesmo seguindo unha serie de premisas e normas. Nova sen dúbida esperada por moitos cativos así como polos seus pais e nais para poñer  fin a un encerro que sen dúbida pesa cada vez máis. Pero como toda decisión e medida que se toma aparecen proles e contras así como división de opinións  tal e como se pode observar por exemplo nunha enquisa realizada o 24 de abril polo periódico La Vanguardia na que participaron máis de 120.000 persoas e na que o 58% se mostraba a favor de que os nenos e nenas saían a rúa, mentres que un porcentaxe moi similar se mostraba contrarios a mesma.

Na seguintes liñas tratarei de reflexionar sobre a influencia que está a ter o confinamento nos nenos e nenas en contraposición a posibles perigos ou riscos que poidan xurdir ca nova medida tomada polo goberno na que parece ser o inicio dunha volta a normalidade que se torna longa e lenta.

Segundo numerosos expertos e organizacións algúns dos aspectos  negativos que están a sufrir os máis cativos confinados son: estrés , ansiedade, depresión, baixa autoestima, sensación de inseguridade e desasosego constante entre outras moitas.

 Un estudo levado a cabo pola Universidade  Politécnica de Valencia a máis de 600 menores e expertos pedagogos e psicólogos, o encerro que estamos a vivir nas últimas semanas compromete a saúde emocional  e mental do 50% dos menores comprendidos entre os 3 e 12 anos así como da calidade de vida de ata o 60%. Algúns dos aspectos e datos máis salientables  deste estudo son :

  • Existencia dunha menor actividade física e máis horas de diante das pantallas: A imposibilidade de saír ao exterior e pasar máis tempo na vivenda modificou os hábitos dos menores, observándose que un 20% dos menores non están a facer nada de exercicio físico e ata un 30% pasa máis de 6 horas diarias  diante de pantallas cando a OMS recomenda non exceder as 2 horas diarias.
  • O nivel socioeconómico inflúe de maneira clara sobre aspectos de calidade de vida asociados a falta de espazos exteriores (xardíns, balcóns e terrazas) onde poidan tomar o aire e moverse; o 13% non conta con ningún punto de luz natural na vivenda e ata un 25% das vivendas non contaban con espazos exteriores.
  • Ata o 79% dos expertos enquisados neste estudio coinciden en que o confinamento ten unha repercusión negativa sobre os cativos.

Con respecto a esta repercusión negativa tan só o 14% dos expertos cren que esta teña alcance a medio ou largo prazo (meses ou anos).

Outro estudo da Universidade de Burgos concluiu  que entre as consecuencias a nivel psicolóxico e  emocional do confinamento actual que están a vivir os máis cativos atopanse: alteracións emocionais como o enfado, irritabilidade excesiva, tristeza, problemas de sono aínda que matizan en que se debe evitar caer no alarmismo xa que os nenos en xeral contan con unha gran capacidade de adaptación, superior en moitos aspectos a dos adultos. Estudos realizados en Wuhan a máis de 2000 menores seguen nesta liña e mostran que o 22% mostrou síntomas depresivos e o 19% ansiedade durante o confinamento, cando os niveis habituais se atopan entre o 16% e o 9,3% respectivamente.

Os nenos e nenas tamén están a sufrir un detrimento a nivel físico xa que segundo a SEEDO (Sociedade Española da Obesidade) durante o confinamento produciuse un incremento de peso do 5%,podendo chegar ata o 8-9% se o encerro dos máis cativos se prorrogará  durante máis tempo principalmente producido pola falta de actividade física e certos cambios  nos hábitos alimentarios.

Tendo todo isto en conta; que está a acontecer no resto de países de Europa en relación ao confinamento dos máis xoves? En Francia, Bélxica, Suíza, Austria, Inglaterra entre outros están seguindo as  recomendacións da OMS e permiten que os nenos e nenas saian de maneira controlada a dar unha volta cos seus pais cerca da súa residencia. Estes últimos días tamén se sumou Italia  que a petición del Colexio de Psicólogos, e de asociacións  de educadores e pedagogos decidiu que poidan saír a pasear acompañados por un único proxenitor nunha área preto do seu  domicilio, mantendo  a distancia de seguridade. No país bávaro, permiten que os máis cativos poidan saír e xogar así coma en Suíza; en  Francia pola contra poden saír toda a familias de modo illado a un máximo de 1 km da súa casa.

A día de hoxe non existe ningunha evidencia que indique que a saída controlada dos menores á rúa influirá negativamente na evolución da pandemia nestes países así como tampouco se demostrou empiricamente que os menores sexan máis portadores do virus do COVID-19 que calquera outro grupo de idade, de feito en España tan só representan o 0,33% de contaxios rexistrados segundo o Ministerio de Sanidade.

Como vemos os aspectos positivos de que os nenos e nenas poidan  saír á rúa, voltar a respirar aire puro e comezar a recuperar pouco a pouco a normalidade son moitos e  parecen pesar máis que o medo, a desconfianza e o perigo que este virus trouxo e que pouco a pouco teremos que  vencer. Para que este pequeno paso cara diante sexa seguro e non haxa retrocesos na evolución positiva que parece que está a ter o virus nos últimos días é de vital importancia cumprir as normas e recomendacións marcadas que poden resumirse na fórmula dos 4-1 (1 adulto, 1 vez o día, 1 hora como máximo e 1 km a redonda do lugar de residencia). Expertos psicólogos e sanitarios indican tamén unha serie de recomendacións  básicas para esta volta as rúas cos máis cativos:

  • Axúdalles a entender este novo cambio, transmitíndolle a importancia que esta saída ten para a saúde. Favorece que te poidan facer preguntas. Contesta con sinceridade, e evita respostas vagas ou incongruentes.
  • Anticípate a posibles circunstancias que poidan desencadear medo ou frustración.
  • As máscaras poden xerar temor nos rapaces; explícalles que se trata de equipos de protección fronte ao virus que nos protexen.
  • Planifica a saída, se é preciso fai inicialmente saídas breves e prolonga a súa duración conforme vaian avanzando os días.
  • Se o rapaz ou rapaza rexeita saír non forces a situación, agarda ao día seguinte, dálle un tempo. Pode axudarlle a perder o medo ver que andan pola rúa os demais nenos.
  • Dálles información clara e por adiantado dos detalles da saída: a data, hora aproximada, con quen, canto durará, cal será o percorrido. Adiántalles que verán menos xente pola rúa, e moitos recintos e establecementos pechados.
  • Poden levar algún xoguete, sempre que non supoña un risco para o seguimento das medidas xerais de hixiene e distanciamento. Hixieniza ao volver a casa aqueles que puideran ter estado en contacto con superficies. Acorda un momento do percorrido no que correr ou andar a paso lixeiro se queren facelo, sempre de forma segura.
  • Explícalles que manter a distancia non significa distanciamento emocional, invítalles a sorrir e saudar mantendo a distancia de seguridade. Recórdalles que durante un tempo, non poderán xogar con outros rapaces ou rapazas que atopen na rúa.
  • As nenas e nenos poden expresar o seu malestar a través de enfados; neste caso mantén a calma, sen forcexar nin permitir contacto co chan ou superficies.
  • Se é posible, realiza as saídas nun entorno natural, o máis libre posible de mobiliario urbano e afastado de parques infantís.

 Ligazóns de interese:                                          

https://www.rtve.es/noticias/20200422/perfil-enfermos-coronavirus-espana/2010608.shtml

https://elpais.com/sociedad/2020-04-21/espana-italia-y-portugal-confinan-a-los-ninos-mientras-que-en-otros-paises-europeos-pueden-salir-a-la-calle.html

 https://doi.org/10.1001/jamapediatrics.2020.1619

https://elcorreoweb.es/sevilla/como-preparar-la-salida-de-los-ninos-desde-el-domingo-recomendaciones-DI6587162

https://www.boe.es/boe/dias/2020/04/25/pdfs/BOE-A-2020-4665.pdf

https://coronavirus.sergas.gal/

https://www.lavanguardia.com/vida/20200413/48462714164/ninos-adolescentes-incremento-peso-

https://www.seedo.es/

https://www.ubu.es/noticias/estudio-sobre-los-efectos-del-confinamiento-en-los-mas-jovenes

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.