protestas
Actualidade Crítica Internacional Sociedade

Tempos de cambio

É un dito bastante acertado aquilo de que o tempo non perdoa. Neste mesmo instante estamos a facerlle fronte a un colapso dos tempos que xa se ven manifestando preocupantemente con anterioridade. Somos o claro reflexo dun sistema obsoleto e incoherente que esixe un cambio de  paradigma a todos os niveis. Levar a cabo unha profunda autocrítica debería ser un obxectivo común, o primeiro paso para plantexar as vías alternativas precisas que logren frear as desigualdades e inxustizas que tanto nos preocupan. Para acadar un cambio de mentalidade que nos leve por mellores derroteiros resulta crucial ser consciente da problemática que nos envolve.

As continuas transformacións políticas firmemente ligadas ás élites desembocan en  innumerables recesións e crises económicas e políticas. O fenómeno da globalización arrástranos a unha perda do sentir de cada pobo e das suas identidades. Os conflitos linguísticos non son mais que a evidencia dun problema xa histórico que supón a imposición das linguas hexemónicas. A politización e privatización de certos sectores coma a banca ou os medios de comunicación provoca unha indisimulada inclinación cara os intereses dos gobernos dentro das puxas e loitas pola supremacía económica. 

Mentres tanto, as  desigualdades e os conflitos bélicos no terceiro mundo perduran, agravándose e perpetuándose debido a un continuo sistema de expolio económico, político e humano. A pandemia que asolaga o planeta afunde os sistemas sanitarios e incide directamente na vida da cidadanía poñendo en evidencia un conflicto de clases que antes semellaba non existir. O estancamento salarial ou a falta de conciencia de clase son outros dos exemplos do fracaso desa utopía económica e laboral que nos debuxaba o sistema capitalista. Coma sempre, serán as comunidades pobres e as clases traballadoras as mais afectadas, e coma sempre, as clases adiñeiradas perduran intactas e incluso máis reforzadas.

Fronte a este panorama tan dispar, a capacidade de resposta que ten a sociedade tradúcese en movementos e  reivindicacións que fan soar as voces individuais cunha intención común.  As desigualdades de xénero e de sexo, a pesar da loita, seguen fortemente arraigadas. A dificultade que presenta enfrontarse a este problema socioestructural é inmensa, posto que debe tentar ser un movemento transversal e inclusivo que loite contra os desequilibrios do poder cando todavía ese mesmo poder segue fortemente instaurado. O motor do feminismo e de todos os movementos sociais radicará nunha transformación total que logre un cambio íntegro do sistema para así establecer unha igualdade lexítima e íntegra, non obstante, as trabas impostas dificultan alcanzar o obxectivo de derrubar as estruturas tradicionais.

Todas estas cuestións e moitas outras englóbanse nunha dinámica do sistema que é preciso poñer en xuízo. Comprender a natureza do problema é comprender a qué nos enfrontamos. Se nos atopamos fronte a un colapso total do sistema capitalista a todos os niveis, ou pola contra, se trata do que Marx denominaba como “crise cíclica” xerada polos desiguais ritmos económicos do capitalismo. Seremos quenes de derrubar as desigualdades estructurais e mudar o motor do sistema? Seremos capaces de chegar pacíficamente a bo camiño ou voltaremos a caer en loitas antagónicas eternas?  Tan só este tempo de cambios será quen de respostar.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.