Segundo a OMS, o sedentarismo infantil e xuvenil xa é unha epidemia que afecta a más do 80% dos menores de 18 anos; e preto do 85% dos nenos e nenas de entre 5 e 17 anos non realizan o mínimo de actividade física estipulado en 60 minutos diarios, segundo esta mesma organización.
Entre algunhas das múltiples recomendacións que dita a OMS relacionadas coa saúde e actividade física destacan:
- Xoves de 5 a 17 años deben realizar como mínimo 60 minutos diarios de actividades físicas de intensidade moderada a vigorosa.
- A actividade física por un tempo superior a 60 minutos diarios reportará un beneficio ainda maior para a saúde
- A actividade física diaria debería ser, na súa maior parte aeróbica cunha intensidade do 60-85% do VO2 máx (consumo máximo do osíxeno) e unha duración superior aos 30 minutos e unha frecuencia de como mínimo 3 días a semana acompañada de actividades vigorosas que fortalezan e traballen os principais grupos musculares do organismo.
Moitos e moi contrastados son os beneficios da practica de deporte e actividade física realizada de maneira regular. A continuación nomeo algúns dos máis importantes:
Beneficios físicos:
- Axuda a controlar o peso corporal
- Mellora a saúde ósea
- Mellora a forza e resistencia muscular; así como a saúde cardiovascular e metabólica
- Favorece o aumento do colesterol bo (HDL)
- Reduce o risco de padecer diabetes tipo II e axuda a controlar a diabetes tipo I
Beneficios a nivel psicosocial
- Mellora o benestar psicolóxico , a confianza e a auto estima
- Reduce a ansiedade e a depresión
- Favorece a sociabilidade e a autonomía
Beneficios a nivel de valores
- Mellora a adquisición de valores positivos como a fortaleza, humildade, constancia, traballo en equipo etc.
Beneficios a nivel cognitivo
- Mellora a capacidade de atención
- Mellora o rendemento académico?
Durante os últimos anos e décadas houbo un descenso da actividade física entre os xoves dun 40% debido entre outros factores ao avance tecnolóxico, aumentando considerablemente o número de horas que os xoves pasan diante das pantallas nos seus diversos formatos: ordenador, móbiles, tabletas electrónicas , televisión etc. Este factor está asociados sen dúbida a unha menor participación en actividades de tipo físico deportivo.
Segundo o estudo ALADINO (2015) o 48,4 % de xoves entre os 9 e 17 en España non cumpren cas recomendacións sobre actividades física diaria ditadas pola OMS e un alto porcentaxe dedica máis de 2 horas diarias a ocio pasivo diante das pantallas.

Outro factor sociocultural que contribúe ao descenso do ocio activo por parte dos nenos e nenas está relacionado co aumento da presión e competitividade académica dende idades temperás. En moitas ocasións a necesidade de aumentar o rendemento académico provoca a substitución das clases de actividade física escolares ou actividades deportivas extra escolares por actividades con contidos puramente académicos; aínda que isto ten efectos contraproducentes sobre o rendemento académico, tal e como sinalan múltiples estudos que máis adiante veremos.
Diversos pedagogos e psicólogos sinalan unha serie de pautas para poder compaxinar deporte e estudo:
Organizar o tempo.
- Ao realizar unha actividade complementaria, o neno dispón de menos tempo para realizar actividade física e estudar. Por elo, é recomendable que organice o seu tempo para poder chegar a todo.
- Será recomendable que cada día teña asignadas unhas horas para dedicarllas aos estudos.
- Organizar o tempo de maneira que poidan realizar outras actividades de ocio sen descoidar estudios e deporte.
- Dispor dun horario onde quede organizado todo o que debe facerse.
- Respectar as horas de sono; xa que descansar axuda a render de maneira adecuada en estudos e deporte.
- Aproveitamento das clases. Se o neno ou nena están atentos na aula, terán que dedicar menos horas fora do horario lectivo.
- Evitar distraccións cando estuda. Non e axeitado realizar actividades que distraian e dificultan a concentración como escoitar música, ter a tv acesa, etc.
Estratexias e técnicas de estudo
- Empregar técnicas e estratexias de estudo axeitadas para cada neno e nena; xa que lle axudarán ao cativo a render máis
- Creación de hábito de estudo
- Axudar a organizarse ao cativo, xa que ao principio pode precisar de certa axuda para estructurar as tarefas.
- Explicarlle a importancia de compaxinar estudos e deporte de maneira axeitada
Os beneficios da actividade física e deporte na saúde son de de sobra coñecidos e están científicamente demostrados; pero, realmente existe un paralelismo claro entre a práctica de actividade física e a mellora do rendemento académico? Vexamos:
No ano 2011 un estudo publicado no British Journal Of Sports Medicine realizado en Escocia e EEUU afirma que aqueles rapaces e rapazas que son máis activos renden mellor na escola. Para este estudo mediuse o nivel de actividade física de máis de 5000 rapaces e rapazas de 11 anos. As súas puntuacións en matemáticas , inglés e ciencia foron avaliadas cando tiñan, 11,13 e 16 anos. Tras analizar o resultado do estudo os investigadores concluíron que o alumnado fisicamente máis activos obtiveron mellores resultados nas tres materias dende os 11 aos 16 anos. Ademais dictaminaron que con só 17 minutos de exercicio ao día son suficientes para mellora o rendemento o académico nos rapaces; nas rapazas basta con 12 minutos diarios.
Outro estudo realizado na Universidade Norte de Texas no 2014 concluíu que uns pulmóns sans teñen un impacto beneficioso no nivel de lectura e matemáticas. O que podería indicar que o exercicio cardiovascular mellora ambas competencias escolares
`Por outra banda unha investigación levada a cabo pola Universidade Autónoma de Madrid no ano 2014 reafirma a unión existente entre actividade física e maior redemento académico. A mostra deste estudo compuxérona máis de 2000 nenos e adolescentes da comunidade de Madrid. Nela tivéronse en conta os expedientes académicos e realizáronse enquisas sobre actividade física; así como unha serie de probas para medir a súa capacidade respiratoria, habilidades motoras e ton muscular.
As conclusións desta investigación destacan que o ton muscular apenas influía de maneira positiva no rendemento académico, mentres que a capacidade cardiorrespiratoria e a habilidade motora si tiñan un impacto significativo no desenvolvemento escolar.
Estes son algúns dos múltiples estudos existentes que parecen demostrar e cuantificar que unha vida activa mellora notable o rendemento académico; agora ben, qué ocorre no noso organismo para que isto suceda? Non se sabe con exactitude cómo e por qué a actividade física inflúe no rendemento cognitivo.
Thayer et al (1994) indica que en estudos levados a cabo con ratos demostrouse que a actividade física aumenta a secreción do factor neurotrófico cerebral, unha proteína asociada ao crecemento nervioso (BNDF). Este BNDF mellora a supervivencia e a conexións neuronais ademais de protexer o cerebro fronte a isquemia (disminución do fluxo sanguíneo). Cando realizamos actividade física os nosos músculos segregan na sangue a hormona IGF-1 que estimula a produción de BNDF. Polo que se pode dicir que o exercicio físico axuda a conservar en mellores condicións a función cognitiva e sensorial do cerebro; traducíndose isto nun mellor rendemento cognitivo e polo tanto nunha mellora a nivel académico.
Tendo todo isto en conta e a modo de conclusión sinalar que:
. A actividade física mellora o rendemento cognitivo e polo tanto esta mellora reflexarase nun maior rendemento académico.
. Dende as institucións deben fomentarse a actividade física a través de programas e espazos que favorezan a práctica de exercicio físico.
. As institucións educativas sería interesante que aumentaran a carga lectiva da materia de Educación Física; pasando de 2 sesións semanais a 3; así como promover recreos activos e nutrición saudable.
. Importancia de crear adherencia cara o exercicio físico e a vida saudable dende idades temperás inculcando a súa importancia.
. Promover actividades extraescolares activas, abandoando a idea de que o deporte e o exercicio físico quitan tempo para o estudo. Como xa vimos exercicio físico = maior rendemento académico.
. Pódense implementar as novas tecnoloxías de maneira responsable para fomentar a práctica de exercicio físico dos cativos e xoves a través de diversas app e xogos.
Ligazóns de interese
https://www.redalyc.org/pdf/3457/345741428010.pdf
https://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S0185276015000060
http://www.retos.org/numero_21/21-10.html
https://pediatrics.aappublications.org/content/early/2017/11/21/peds.2017-1498