Internacional Sanidade Sociedade

O Coronavirus, ou como as alarmas viaxan máis rápido que as pandemias

Moitos de nos éramos aínda novos cando escoitamos falar por primeira vez das vacas tolas. Esta foi sen dúbida unha das maiores traxedias agroalimentarias das últimas décadas aquí en Galicia. O consumo de carne de orixe vacún reduciuse considerablemente por medo ó contaxio nos humanos. Os últimos casos desta enfermidade na nosa comunidade son de fai máis de cinco anos.

Nestes días, o Coronavirus que conseguiu saturar os principais hospitais e centros médicos da China, é tamén un virus de orixe animal, como o das vacas tolas. Este virus propagouse con moita rapidez nas grandes urbes chinas, colapsando os servicios sanitarios e facendo que todos falemos del.

Sempre nos gustou crear sensación de alarma: as malas novas multiplícanse e avanzan máis rápido que as boas. Culpo disto á necesidade de morbo permanente do ser humano, tantamos facer de todo unha Isla de las tentaciones.

Saltaba esta semana en Alemania o primeiro infectado polo Wuhan Coronavirus en solo europeo e saltaban tamén tódalas alarmas na UE.

Algún coñecido ata se negou a recoller en Correos a súa última gran compra de Aliexpress. Segundo el era cuestión de vida ou morte.

Nos últimos anos en Europa vivíronse crises semellantes. Veñen rápido á mente os casos da Gripe A ou do Ébola, que exemplifican de novo como as alarmas viaxan máis rápido que as pandemias nunha sociedade moderna.

Os medios de comunicación clásicos son cómplices unha vez máis de propagar esta falsa alarma en colaboración coas farmacéuticas. Ata certo punto é lóxico, non podes escribir contra os intereses de quenes te financian.

Cunha búsqueda rápida chegamos a diferentes artigos contradictorios sobre a taxa de mortandade do Coronavirus, sendo a máis alarmante inferior ao 10%. A máis alarmante! Son moitos os científicos que comparan esta doencia coa gripe española, da que se barallan cifras en torno aos 500.000 mortos anuais en Europa. E pensen friamente, quen non pasou unha gripe?

Nesta ligazón hai un potentísimo mapa de calor actualizado a tempo real con tódolos casos confirmados desta mutación do Coronavirus que os expertos sinalan ten só tres meses de vida: mapa interactivo.

Se realmente vos interesa e queredes saber máis sobre este tema, unha das fontes máis fiables en castelán é @pmarsupia , un divulgador da física e do periodismo que sempre tiven como referente. A súa cadea de chíos sobre o Coronavirus.

O que se pretende con este artigo é animarvos á reflexión. Como todo o que se escribirá no Pensadoiro, o obxectivo non é traer a verdade definitiva senón facilitarvos ferramentas críticas para pensar por vós mesmos.

1 thought on “O Coronavirus, ou como as alarmas viaxan máis rápido que as pandemias”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.