Sociedade

Carta dun neofalante neoyorquino

Ola Marcos,

Hoxe é o Día das Letras Galegas e vexo polas redes sociais tantas fotos da xente con pancartas e posters todos impresos duns mensaxes de amor pola lingua galega. Eu tamén participo tanto como poida. Levo posto a miña camiseta con “Alma Galega”. Tiña toda intención de ler algo escrito por Carvalho Calero, pero en fin non puiden atopar nada escrito é solo puiden escoitar unha gravacion da sua poema “Ferrol”. Moi encantadora! Logo escoitei un YouTube da canción Unha terra, un pobo, e unha fala que mandoume un colega esta mañá. Só falta tomar un licor café, pero xa non queda mais aquí en Nova Iorque onde vivo.

Sospecharías que eu fora emigrante ou de estirpe galega pero a mera verdad é que eu son só un yanqui moi apasionado de Galiza, a sua lingua e cultura. Ainda que eu non sexa galego nativo, nin español tampouco, sintome unha auténtica morriña por Galiza hoxe. 

Por qué? Pois levo moitos anos enganchado de Galiza. Son de EEUU e cursei filoloxia española e literatura peninsular. Cheguei a España por primeira vez hai 33 anos en 1987, como alumno extranxeiro en Salamanca. Fun ao cine cun colega a ver a película Divinas Palabras e flipei pola cinematografia cas escenas de montes verdes. Sacando proveito dun ponte o meu colega Carlos e eu fomos de excursión a Galiza. Lembro como se fora onte chegar á estación en Santiago, vendo todo ao saír da estación,subir ao outeiro.  Unha arquitectura distinta á Salamanca e de miña terra aquí.  Moi impresionante.  As rúas estreitas.  Tódalas pedras.  Como de outro mundo e outra época pero encantador.  Paramos nunha taberna.  Probei Ribeiro na cunca e polbo á feira nuns pratos de madeira.  Fomos a catedral.  Foi moi impresionante poñer a man na impresión de man que tantas persoas antes tocaron.  Fixemos o tour.  Vimos xirar o botafumeiro. Moi chulo.  Fomos a un parque preto da universidade.  Encantadoras as vistas das tellas dos edificios.  Queríame moito Santiago.  Sentinme en casa e nunca quixen marchar. Creo que enamoreime de Galiza enton. Pero claro que tiven que volver a Salamanca e ultimamente a EEUU. 

En 2017, para renovar un castelan oxidado, atopei unha app para poder ver a tele española, e busquei compañeiro de conversa no sítio Conversation Exchange. Pola app puiden ver todalas canales incluidas as galegas. Flipei que puiden entender un pouquiño o galego. Polo sitio web, coñecín a moita xente boa con quenes podería practicar castelan e por sorte coñecín a uns colegas galegos, que son para min como irmans. Pasei un ano falando castelan cos colegas e que tamén axudaronme aprender galego. Ao meu colega José, de apodo Galle, de Viveiro debo gran parte do meu interés en lingua galega. El ensinoume varias expresions en galego, corrigiu os meus erros, fixome suxerencias de rock galego, e series como Era Visto, e axudoume a coñecer varios sitios en Galiza. 

En 2018 o meu fillo foi a vivir na Coruña e traballa como auxiliar de conversa para clases de inglés na Escola Oficial de Idiomas. A miña família e eu fomos de viaxe para visitarlle ao meu fillo durante as festas de Nadal. Visitamos moitos sitios preciosos e cando volvimos a casa decidín estudar lingua galega en serio. 

Atrevínme de escribir un mensaxe de fan a Fede Pérez, actor na série Era Visto, e comencei a comunicarme con el. El é filólogo ademais de cómico e actor e apoiame e inspírame a seguir practicando. Fede fixome suxerencias de series, películas, e libros. Así coñecín Mareas Vivas, Matalobos, Padre Casares, e Air Galicia. 

Outro colega, Carlos de Pobra de Trives, tamén axudame moito cas conversas en galego e a coñecer costumes enxeibres. 

Teño cinco mais compañeiros de conversa galego/inglés, poren, non sempre podemos atopar un horario habitual para falar e rematamos escribendo mensaxes. Moncho, Lucía, e Julio están na Coruña. Unha Maria está en Vigo, e outra Maria está en Pontevedra. 

Paso moitas horas estudando. Todolos dias lo nòs e La Voz de Galicia virtuais. Vexo as notícias de TVG. Falo cos colegas cando poidamos. Escribo unha redacción de práctica cada semana. E fago unha foto brindándolles aos meus galegos cada venres. Tiñamos planeado ir a Galiza para pasar o mes de xullo co noso fillo pero o coronavirus estropeou os plans. Así as únicas saídas aos montes galegos serán por Instagram.  Non poderei volver a Santiago para ver as ruas de pedras e pasear por el Alameda.  Nada de festa do polbo, que encantame. Nada de churrasco galego.   Nada de tortilla de pataca de Betanzos. Nada de verbenas.  Nada de bos Ribeiros, nin Mencias, nin Godellos.  Por sorte aqui podese atopar Estrella Galicia, pero non a 1906.  Aquí tampouco hai licor café nin de herbas.  O verán pasado fixemos licor de guinda e este verán estará no seu punto perfecto, así conformamos con iso.Pero o que mais desilusióname é non poder ver ao noso fillo e a legión de bos colegas galegos que teño alí.   Son mais como família que só colegas. 

Pero é o que hai.  Agardamos para o próximo. Malo será que  polo menos podo seguir ca miña conexión virtual con Galiza e seguir estudando e mellorando o galego. Estou lonxe de millas pero preto do corazón. 

Andrew Chichester

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.