Actualidade Crítica

As apostas deportivas, a droga de moda

En España sempre fomos moito de malos vicios. Tal vez sexamos así porque o noso país non tivo liberdade ata fai moi poucas décadas e cando a tivemos fóisenos das mans. Ultimamente son as máquinas de apostas deportivas as que están servindo para que os grupos máis desfavorecidos (barrios pobres e xente nova) se estén enganchando de novo. Aparellos que atopamos en casi tódolos bares como un engadido máis á sección dos vicios xunto coa tragamoedas e a do tabaco.

Os medios de comunicacións, principais aliados das casas de apostas

Unha vez máis os medios de comunicación xogan un papel clave na proliferación desta lacra polos barrios máis habitados nas cidades e pequenas vilas. A TV, a radio e a prensa escrita teñen reservadas as súas mellores franxas publicitarias para as grandes casas de apostas.

É preciso que desaparezan este tipo de anuncios, polo menos en horario de audiencia infantil. É preciso que famosos, presentadores ou ídolos de masas deixen de promocionar abertamente a ludopatía. Pero sobre todo, ten que desaparecer a publicidade nos campos de fútbol, nas canchas de baloncesto e en todo contexto deportivo, ámbitos que deben servir exclusivamente para o incentivo do deporte e dos seus valores, nos que ademais é frecuente atopar a menores de idade.

Xa se fixo co tabaco e co alcol, fagámolo tamén coas casas de apostas!

A banca sempre gaña

Como xa podíades imaxinar ata aquí, as casas de apostas son un gran negocio. Emprégase habitualmente iso de que a banca sempre gaña e nesta modalidade non podía ser doutro xeito.

Para que nos entendamos, as apostas deportivas non son máis que un amplo mercado de valores semellante á tradicional bolsa. Comparalo coa ruleta ou coas loterías é cometer un grave erro, xa que estas últimas funcionan exclusivamente en base ao azar.

Cando ti vas apostar, estás comprando un evento ligado a unha cuota fixa. Esta cuota representa as probabilidades de que se produzca tal evento na vida real, axustadas por expertos e enormes bases de datos estatísticos na apertura do mercado. Porén, son os propios compradores (ou apostantes) quenes fan que varíen as cuotas ao posicionarse entorno a un equilibrio no que a casa de apostas nunca perde, independentemente do resultado. A pesares do que poida parecer, á banca dalle igual que gañen o Madrid e o Barça tódalas fins de semana.

Por iso cremos que se precisa unha lexislación que protexa ao apostante, a parte débil da cadea. Non tolero pasear polas rúas de Santiago de Compostela, a nosa capital, sen ver un salón de xogos cada cen metros, outro indicador de que os máis vulnerables somos os novos.

Deben regularse o número de máquinas de apostas físicas así como a esixencia para acceder a elas. Na comunidade valenciana trataron sen éxito de establecer un radio de 700 metros (como mínimo) entre casas de apostas.

Trátase de concienciar á cidadanía de que as apostas non son un xogo. Evitar que se normalice a ludopatía e aprender a detectar casos de risco. Cadaquén debe ser libre para obrar de acordo ao seu parecer sempre e cando teña toda a información ao respecto.

Non quero que desaparezan, nin é lóxico sequera pensalo. Pero é preciso que se regulen estrictamente e de forma urxente, algo que vai nas liñas do novo goberno progresista de España, co ministro de consumo Alberto Garzón (IU) á cabeza do asunto. Confío en que por fin se expoñan solucións que frenen o avance masivo desta lacra no noso país.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.