Actualidade Crítica Internacional Sociedade

Docencia a distancia

Levo moitos anos traballando de profe. A primeira vez que estiven nunha aula caron dun grupo de alumnos foi en 1991. Foi unha clase de lingua española para principiantes á universidade estatal de Potsdam, e eu fun profe auxiliar. Tiña 24 anos, non moito maior que os alumnos. Como o estudo de idiomas era requisito nas universidades, había moitos alumnos na clase e a aula non era moi grande, así estábamos todos como nunha lata de sardiñas. O estilo de ensinanza era moi “old school”, tipo profe-céntrico, cas conferencias e logo as prácticas dun libro de texto. Escribín nunha pizarra cunha tiza e as veces empreguei un retroproxector. 

Avance rápido 29 anos

Son mestre nunha escola primária. Levo 14 anos traballando alí e durante estes anos ensinei infantil, e grados primeiro e segundo. Este ano tócame ensinar infantil de novo e estou encantado posto que sempre me gustaba mais este nivel. Pois encantado pero tamen desilusionado á vez porque debido as condicións actuais atópome obrigado a ensinar infantil a distancia. O puto Covid! Tantas veces nos fode a vida a todos! Pois nada. É o que hai de momento e hai que facer o que podemos. 

Se foses entrar na miña aula non verías unha aula dunha clase de primária típica. Normalmente hai mesiñas e alfombras de cores, estantes cheos de libros, e xoguetes educativos, bloques, un cabalete e pinturas. Todas as cousas cuquis que se esperaría atopar nun sítio onde hai cativos. Pois hai moitas de esas cousas na miña aula pero están colocadas nunha morea enorme por un lado da aula. Ao outro lado da aula hai o centro de mando. Na parede hai cousas normais, o abecedario, os números, o calendario, varios pósteres de cores… Tamén hai unha pizarra intelixente enorme. Teño un ordenador para realizar todos os meus deberes profesionais cómo comunicarme cos pais dos alumnos, anotar as ausencias, facer a preparación das lecci´pns, e tamén para usar ca pizarra intelixente. Hai unha cámara de documentos para poder proxectar libros ou outras cousas. Ademais teño o meu ordenador portátil cunha cámara web e micrófono que emprego para realizar as miñas clases en directo por Zoom. Os cativos teñen nas suas casas uns ordenadores portátiles, Chromebooks, que a escola lles repartiu para empregar durante o curso

Vaia cambio dende os anos de pizarra e tiza!

Andrew Chichester

Tódolos dias as 8:30 abro a sesión de Zoom. Soa a timbre cando entran os cativos e pouco a pouco aparecen na pantalla as cariñas dos 17 cativos na miña clase. A cámara web captura toda a parte dianteira da aula. Os cativos poden verme a min, a pizarra inteligente e o calendário na parede. Teño que silenciar os seus micros, pois xa podes imaxinar como son os cativos, que lles gusta falar e non precisan de moito autocontrol. Ademais, escóitase cada ladrido de can, choro de bebé, ou comentário de pai no fondo. Cando quero que me falen ou contesten teño que activar o son individualmente, o que pode ser algo coñazo porque eu teñolles que activar e logo eles tamén teñen que activalo e as veces non saben como facelo sen axuda da nai ou pai. Hai que ter moita paciencia. É un novo mundo para todos nós. Sempre lles saudo cunha canción, a canción temática do espectáculo de Mr Chi, The More We Get Together de Raffi, pero cambiei a letra para incluir todos seus nomes. Logo revisamos as normas e procedimentos da clase, lemos o mensaxe diário, decimos o xuramento á bandeira, e facemos o calendário. Durante o cal lles fago preguntas e por turnos axúdanme rechear ocos e tal. Así hai moito activar/silenciar de micros. Hai menos fluidez de todo. Pero é o que hai. Despois do calendário facemos unha pausa. Corto o vídeo e eu paso lista e anoto ausencias no ordenador. Eles poden facer o que lles precisa como ir ao vater, comer algo, xogar, estirar as patas. Voltamos despois de cinco minutos. Continua o espectáculo. Na pizarra intelixente ensínolles cousas poñolles videoclips de cancions e actividades de movimento. Doulles leccións interactivas sobre letras, fonética, escritura, mates. Leolles libros libros, sostendo o libro preto á cámara web. Encántame ler en voz alta polos cativos. Gústalles a eles tamen porque fágoo con voces. Enton durante duas horas, con pausas cada 15 minutos, represento o espectáculo de Mr Chi. Os cativos teñen follas de práctica na casa que fan despois. Ademais en Google Classroom, a miña aula virtual, hai moitas cousas que poden elexir facer. Mandolles que xoguen (fora se posibel), creen algo, exploren algo, construían algo, ou pinten algo. Toda esa parte dunha clase de infantil que é moi importante no desarolo do cativo, eles teñen que facer na casa. Nunha aula da escola hai zonas onde poden construir con bloques ou pintar, ou xogar a nais. Os meus cativos teñen que empregar o que haxa na casa. As veces hai casas que teñen estas cousas e outras que non. A inxustiza da situacion socioeconómica individual e unha razón para que haxa educación publica. 

Despois do espectáculo non paro de traballar. Non saio da miña aula nin o meu escritório (o que me mata). Teño que apoiar aos pais nas casas se hai problemas. Teño que preparar polos próximos espectáculos. Hai que facer cópias, facer actividades, buscar cousas na web. As veces hai emails que contestar ou cousas burocráticas dese tipo. Tamen, ademais da sesión zoom da mañá, teño que facer sesións individuais ou de grupo de dos para traballar cos cativos na lectura segundo as suas capacidades individuais. Moito choio. Moito estrés. Ás veces non xanto. Ás veces non hai tempo para rascarme o cú. A verdade é que ensinar deste xeito é mais duro e mais traballo que o normal. E o peor de todo é ainda que haxa contacto cos cativos a través de zoom, non teño o control do seu comportamento na casa. Só podo facer o espectáculo e todo e esperar que na casa os pais fagan a sua parte. Temo que alguns cativos vaxan perder moito. Pero é o que hai. 

Avance rápido 3 meses 

Arrancou o curso en setembro e agora xa pasaron dez semanas. Cambiouse a lista do alumnado en liña varias veces durante estas últimas semanas e agora alguns pais que elexiron que os seus fillos tivesen clases virtuais, ten a opción de cambiar para clases presenciais. Pero como estamos na tempada de gripes e catarros, hai moitos casos supostamente positivos e varios que efectivamente son positivos. Unha subida do número de casos positivos implica unha reacción en cadena de eventos segundo os ordes de Sanidade. É moi posibel que os cativos que cambiaron de clase non teñan outra opción que clases virtuais. Todos os cativos terán clases virtuais durante semanas ou meses. É o que hai. A pandemia. Os cambios diários. Non se pode esperar un curso nin tampouco alumnos normais. Non medraran nas destrezas como adoitan facer. Haberá brechas e precisarase moita revision das matérias o curso vindeiro

É o que hai. A pandemia.

Andrew Chichester
Kindergarten Teacher
Norwood Norfolk Elementary School

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.